jueves, 17 de junio de 2010

O artista M. C. Escher

Maurits Cornelis Escher o Escher naceu o 17 de xuño de 1898 en Leeuwarden (Países Baixos) e falece o 27 de marzo de 1972 na Casa Rosa Spier de Laren, ao norte de Holanda. Foi moi coñecido polos seus grabados en madeira, xilografías e litografías que tratan sobre figuras imposibles, teselacións e mundos imaxinarios.

Na súa obra experimenta con espazos en duas e tres dimensións que desafían os modos habituais de representación da realidade.

Non foi un destacado estudante, abandoando os seus estudos de Arquitectura, pero adquirindo unha sólida base en debuxo.

Viaxou por duas veces ata España visitando a Alhambra de Granada, tomando moitos apuntamentos dos numerosos motivos ornamentais. Influencia que se nota nos seus traballos relacionados coa partición regular do plano e o uso de patróns que enchen o espazo sen deixar ningún oco.

Artista difícil de clasificar que representaba o que a súa imaxinación lle suxería, sendo as características principais da súa obra a dualidade e a búsqueda do equilibrio, a utilización do branco e o negro, a simetría, e o infinito frente ao limitado.

Dos seus debuxos fixéronse moitísimas copias abundando as reprduccións das súas imaxes por internet.

O Museo Escher atópase na Haya, Holanda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario